mércores, 27 de marzo de 2019

Algunhas categorías

 Ola a todos!

Hoxe vou falar sobre algunhas categorías.

No atletismo hai nove categorías por idade: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa e máster ou veteranos.Cada categoría percorre diferentes distancias ou ábrenselle novas probas.Comezamos!!

·Prebenxamín: vai dos 1 a 7 anos, a esa idade aínda non podes competir.

·Benxamín: vai dos 8 aos 9 anos a esta idade comezase a competir, na velocidade percorrese 50m e no peso teñen unha bola de 1k. Tamén poden competir na lonxitude nos 1000m e os 500m e a proba de relevos.

·Alevín: vai dos 10 aos 11 anos as probas son as mesmas mais teñen xavelina, percorrese 60m e no peso lánzanse 2k.

·Infantil:vai dos 12 aos 13 anos (eu son infantil) nesta categoría ábrense a maioría das probas, coma: o triple salto, o 150m, as vallas, e o 400m. No peso lánzase 3k e na velocidade percórrense 80m.

·Cadete: vai dos 14 aos 15 anos nesta idade hai nas mesmas probas que en infantil mais en vez do 500 córrese 600 e no peso lánzase 4k.
Ata aquí chega a entrada de hoxe máis adiante falaremos sobre as outras!

Adeus!!!

martes, 26 de marzo de 2019

Almaraz



Alargar a vida de Almaraz, un acerto

Ola hoxe vou falar sobre unha noticia!!

A información foi sacada de
 https://www.abc.es/opinion/abci-alargar-vida-almaraz-acierto-201903230109_noticia.html
 e  de
https://elpais.com/economia/2019/03/22/actualidad/1553247399_155472.html

A noticia consta de que Iberdrola Endesa e Naturgy conseguiron unha licenza para que a central de Almaraz (Cáceres) seguise activa, xa que o contrato vencía en xuño de 2020. Agora estará activa ata 2027.
Despois dun alargado debate decidiron que as inversións serán de 400 millóns, máis se fai falta polo CSN (consello de seguridade nuclear).
Isto implica 20 ou 25 anos de postos de traballo na central pola ampliación da vida útil e o traballo de desmantelamento.
Este tipo de enerxía é a máis limpa cara as emisións nocivas para a atmosfera. 

A miña opinión é que é o máis acertado xa que pode proporcionar  moitos empleos e o paro neste xaneiro foi do 14,1. A enerxía limpa e o mellor que podemos darlle a atmosfera nesta xeneración eléctrica desprendese aproximadamente 75 millóns de toneladas de CO2 do cal as centrais nucleares desprenden un 0%.


pixabay.com









Un pouco sobre min



Ola! Hoxe vou falar un pouco sobre min, comecei no club atletismo Barbanza aos 9-8 anos e agora sigo alí. O meu adestrador chámase Lardo Moure o cal tamén adestrou a Lidia Parada e a Ana Peleteiro.
Eu adestro 6 horas a semana, o cal da moi bos resultados, este ano quedei terceira de Galicia nos 60m e la lonxitude do cal estou moi orgullosa.
Comecei correndo 500 metros o cal é moi esgotador, mais este ano centrinme na velocidade e nos saltos concretamente no triple salto. O triple salto consta de dar "un salto a pata coxa" outra zancada e caer na area, o que fai Ana Peleteiro.
Gústame moito este deporte e o recomendo a toda a xente que busque algo que facer!
Vémonos!!

A miña primeira entrada



Ola!!  Neste blog vou falar do atletismo e a miña experiencia neste deporte.

 Explicarei as diferentes probas e as categorías, a parte de atletismo tamén falarei sobre máis cousas variadas. Adeus!

                                                                     pixabay.com

Relevos

Ola a todos e a todas! Hoxe vou falar sobre os relevos. Son unha proba do atletismo que consta de catro persoas correndo a mesma distancia...