xoves, 11 de abril de 2019

Mulleres no atletismo


Ola! Hoxe vou falar sobre un logro no atletismo para as mulleres.
O día de 1967 unha periodista de 20 anos (Katherine Switzer) correu oficialmente unha maratón, a maratón de Boston, o cal naqueles tempos era imposible que unha muller fixera aquilo. Swifter correu en defensa a desigualdade as mulleres. Ela inscribiuse coas súas iniciais K.V. Switzer, xa que ningunha regra poñía que as mulleres non se podían inscribir.
A súa carreira converteuse no símbolo da valentía para a adversidade das mulleres corredoras.
Moitas foron as veces que a policía intentou sacar a Switzer da carreira mais todas foron en vano porque ela estaba decidida a rematar aquela carreira. Rematou a carreira en 4 horas e 20 minutos, mais despois foi eliminada da carreira e da Unión Atlética de Amateurs, ao rematar recibiu un gran apoio o cal eclipsou ao escándalo.

Quería poñer isto porque paréceme que é importante. Aínda agora hai moita xente loitando pola igualdade e polos nosos dereitos porque cada día hai un novo asasinato por violencia de xénero e isto non pode seguir así



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Relevos

Ola a todos e a todas! Hoxe vou falar sobre os relevos. Son unha proba do atletismo que consta de catro persoas correndo a mesma distancia...