domingo, 9 de xuño de 2019

Relevos


Ola a todos e a todas!
Hoxe vou falar sobre os relevos. Son unha proba do atletismo que consta de catro persoas correndo a mesma distancia. Teñen que levar o testigo a meta antes que os outro equipos.
É unha proba moi complicada xa que tedes que ter confianza e estar coordinadas.
Temos a prezona, se entregamos o testigo antes de esa zona quedamos descalificadas. Despois a zona, onde se entrega o testigo. E o fora de zona onde tampouco é válido.
A min esta proba gústame moito xa que eu a practico coas miñas compañeiras e estamos primeiras de Galicia, e toda unha alegría competir con elas e ao rematar felicitalas a todas coma un equipo.



Unha vida saudable

Ola! hoxe imos falar sobre unha dieta equilibrada, todos sabemos que para ter unha vida saudable o deporte e unha boa dieta teñen que estar presentes sempre.
Hai moitas e variadas dietas e ti podes escoller a que queiras, aquí deixovos un exemplo para comezar cunha vida máis saudable:

ALMORZO:

-Zume natural (podes mesturar as froitas que ti queiras).
-Platanos (conteñen moito potasio)
-Yogurt natural
-Froitos vermellos
-Tostadas (sen moita mantequilla)
-Embutido (queixo, pavo. xamón cocido)
-Ovos revoltos

MEDIA MAÑÁ:

-Barrita enerxética
-Tostadas
-Froita cítrica (laranxa..)

COMIDA:

-Pasta (só días que fagas deporte xa que a pasta engorda moito)
-Carne vermella (dous días a semana)
-Todo tipo de peixes
-Arroz
-Ensalada

MEDIA TARDE:

-Barrita enerxética
-Froita cítrica
-Tostadas
-Yogurt

CEA:

-Nada de cerne vermella
-Podes tomar arroz ou ensalada de acompañante
-Carnes e pescados brancos.


DATO:tes que tomar polo menos dous litros de auga ao día e moita froita!







Asasinato en Santiago

Asasinato preto da Catedral de Santiago

A policía segue investigando este misterioso asasinato.

Onte, día oito de xuño a policía atopou o corpo de Azucena Marín moi preto da catedral.
A autopsia da científica denominou que a norte fora debido a varios golpes na cabeza e tiña o tibial fisurado.
A policía non sabe porque se produciu este asasinato, ou unha morte máis por violencia de xénero ou por algo diferente.
A señora que atopou o corpo preto das 12 da noite dixo que ela viña dunhas bares do centro, cando chegou non viu a ninguén máis pero notou que o corpo fora movido.
Agora a policía investiga se moveuse o corpo, e se foi así, onde se produciu verdadeiramente o asasinato.
Agora procurase que a xente de Santiago teña coidado e que avise sen dubidar se sabe algo sobre este asasinato.

                                                                     pixabay.com

luns, 3 de xuño de 2019

Nova especie na ría de Arousa


Nova especie na ría de Arousa

O pasado 3 de xuño atopouse o "fachelo".

Na mañá do 3 de xuño unha dorna atopou unha nova especia de animal, chamárona "fachelo" créese que é unha especie de híbrido entre un calamar e unha sepia. Os pescadores quedaron moi estrañados, a pescaron cunha rede mentres buscaban por clamares no interior da ría. Ao volver a porto levárona a facultade de ciencias do mar, en Vigo. 
Ao estudar a especia viron que era un híbrido entre un calamar e unha sepia, algo nunca visto! Agora a facultade enviou barcas a por máis especies de "fachelos" para seguir coa investigación.
Os pescadores foron recompensados cunha gran alegría na facultade e no mundo da ciencia, algo histórico, un avance no mundo da ciencia e na pesca galega.


Triple salto

Ola! Hoxe vou falar sobre o triple salto, é unha categoría das miñas favoritas.

Nesta disciplina tes que dar tres saltos antes de caer a area, un á pata coxa, unha zancada e despois facer coma lonxitude e caer a area desprazando o máximo posible.
Na miña opinión esta proba é unha das máis complexas e máis bonitas de ver,
se non tes coidado ao executala ou a aprender a saltar podes facerte moito dano
En España a atleta máis destacada é Ana Peleteiro, e digo de España pero é de aquí ao lado, de Ribeira! Ana quedou primeira no campionato mundial (2012), nas olimpíadas de Turquía (2011) e campiona de Europa este ano en Reino Unido. Na súa xuventude o seu adestrador era Abelardo Moure (o meu adestrador actual) en 2013 foise a Madrid para proseguir o seu rendemento co seu adestrador actual Iván Pedroso.
Unha aperta!
pixabay.com

Relevos

Ola a todos e a todas! Hoxe vou falar sobre os relevos. Son unha proba do atletismo que consta de catro persoas correndo a mesma distancia...