luns, 3 de xuño de 2019

Triple salto

Ola! Hoxe vou falar sobre o triple salto, é unha categoría das miñas favoritas.

Nesta disciplina tes que dar tres saltos antes de caer a area, un á pata coxa, unha zancada e despois facer coma lonxitude e caer a area desprazando o máximo posible.
Na miña opinión esta proba é unha das máis complexas e máis bonitas de ver,
se non tes coidado ao executala ou a aprender a saltar podes facerte moito dano
En España a atleta máis destacada é Ana Peleteiro, e digo de España pero é de aquí ao lado, de Ribeira! Ana quedou primeira no campionato mundial (2012), nas olimpíadas de Turquía (2011) e campiona de Europa este ano en Reino Unido. Na súa xuventude o seu adestrador era Abelardo Moure (o meu adestrador actual) en 2013 foise a Madrid para proseguir o seu rendemento co seu adestrador actual Iván Pedroso.
Unha aperta!
pixabay.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Relevos

Ola a todos e a todas! Hoxe vou falar sobre os relevos. Son unha proba do atletismo que consta de catro persoas correndo a mesma distancia...